O Concello de Foz a través da Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil", institúe con carácter bianual os "Premios Poeta Manuel Mª da Cultura". Son obxectivos principais destes premios, contribuír á exaltación, promoción e difusión dos valores culturais, en tódalas súas facetas, dentro do Concello de Foz. Premiarase a aquelas actuacións relevantes, o esforzo, a superación, a inventiva en tódolos conceptos artísticos e culturais que contribúan a un maior dinamismo e desenvolvemento da vida cultural do Concello de Foz.
O premio pretende ensalzar a labor feita dentro da dinamización cultural do Concello de Foz, premiar o esforzo de moita xente tanto particular como en grupo que día a día engrandecen e enriquecen o noso patrimonio cultural.
BASES
1. Os premios reacaerán preferentemente en persoas físicas ou xurídicas, que teñan destacado por unha obra ou actuación desenvolvida nos anos 2006/2007 ou en recoñecemento do conxunto dunha traxectoria.
2. As persoas fisicas, institucións ou entidades candidatas, deberán ter algún dos seguintes requisitos; pertencer o Concello de Foz, ter nado en Foz, ser residentes no noso municipio, posuir obra sobre o Concello de Foz ou ter unha especial vinvulación co noso concello.
3. Poderá ser candidato/a ó premio calquera persoa física, institución ou entidade que, dentro do prazo establecido, sexa presentada a súa candidatura.
4. As candidaturas formalizaranse mediante envío dun impreso oficial que se facilitará a tódolos compoñentes implicados, á dirección seguinte;
Biblioteca Pública Municipal,
Rúa de Lugo, nº1. 27780 Foz (Lugo),
ou correo electrónico cultura@concellodefoz.org
Tamén se encontrarán na páxina web do Concello de Foz, bases e inscripcións; www.concellodefoz.org
As propostas terán que ir acompañadas de cantos documentos relevantes, exposición de méritos ou información complementaria se queira achegar segundo modelo adxunto así como unha memoria explicativa no que basee a súa proposta.
5. O prazo de presentación de candidaturas será dende o 7 de abril ata o 13 de maio ás 20:00 horas.
6. Cada persoa física, institución ou entidade poderá facer propostas de candidaturas nun número non superior a dúas por orden de preferencia.
7. A parte das propostas de nominación efectuadas polas Asociacións, entidades ou persoas físicas, a Delegación de Cultura terá a facultade de propoñer candidaturas.
8. En cada convocatoria otorgarase dous galardóns (tanto persoa física, institución ou entidade), agás que en momentos puntuais se decida modificar este número por causas excepcionais.
9. O nomeamento dos premiados correrá a cargo da Concellaría de Cultura, para o que previamente se formará un Xurado composto polas persoas e entidades relacionadas co eido cultural de Foz nun número entre 15 e 25 persoas, para acadar a maior participación posible de todos os membros da comunidade cultural, aos que se citará en prazo e forma.
10. Presidirá a xuntanza do Xurado a/o Concelleiro/a de Cultura que terá voto de calidade e fará as veces de presidente. Corresponde ó presidente organizar e dirixir as deliberacións e, no seu caso, as votacións que se produzan; o sistema de votación, de se-lo caso, establecerase da forma que promova hasta o final a elección sucesiva dos candidatos preferidos pola maioría dos asistentes á consulta. A tal efecto, o voto deberá ser expresado sempre en sentido positivo e secreto.
11. O voto é indelegable e deberá ser emitido persoalmente por cada un dos membros asistentes no momento da consulta na que se proceda á votación. Cada membro do xurado elixirá dous nominados entre as candidaturas presentadas. O premio otourgarase á candidatura que obteña a maioría dos votos na consulta realizada. Os dous candidatos máis votados serán os galardoados.
12. O premio non será outorgado a título póstumo.
13. O premio consistirá nunha obra de edición especial para tal evento, e diploma. Para recibir o mesmo, o/a galardoado/a deberá estar presente no acto de entrega dos premios nunha cea de gala a celebrarse no mes de maio do ano da convocatoria.
 |
 |